miércoles, 7 de mayo de 2014

VISITA DE PRIMAVERA AO RÍO LAMAS / SPRING VISIT TO THE RIVER LAMAS

Onte fixemos a segunda visita do curso ao noso tramo apadriñado do río Lamas, na localidade de Cereixido.Unha xornada intensa e alegre de traballo de campo.
Desta volta, xunto coa análise da calidade da auga, tanto físico-química como de bioindicadores, e do hábitat, medición do caudal, etc... tamén colocamos as caixas niño para paxaros fabricadas polos alumnos de 2ºESO, que se suman aos refuxios para morcegos que xa tiñamos colocado en anteriores visitas.
O alumnado con licencia de pesca estivo facendo unha xornada de pesca sen morte. Tamén se traballou na xeolocalización de fotos da zona para a materia de Xeografía. Probamos un novo prototipo de lupa para móbil, que funciona moi ben pero haberá que mellorar nalgúns aspectos: xeito de enfoque,... A maiores dos datos de campo recollimos mostras de auga para a súa análise no laboratorio de Bioloxía (microfauna) e Física e Química (residuo seco, valoracións,...).
E coma sempre, rematamos o día recollendo lixo pola beira do río, e aínda moito había!
Podedes ver todas as fotos facendo click AQUI
Yesterday we made the second visit of the year to the section of the river Lamas that we are looking after, in the town of Cereixido. An intense and joyful day of field work .
This time , along with analysis of water quality , both physical chemistry as bio-indicators , and habitat , flow measurement , etc ... we also placed nest boxes for birds made ​​by students of 2nd ESO , in addition to the shelters for bats we had placed in previous visits .
Students with fishing license madea day of fishing without death . We also worked on the geolocation of photos of the area for the Geography class. We tested a new prototype mobile magnifier , it works very well but it will have to be improved in some aspects: how to focus ... As well as the field data we took water samples for analysis in the laboratory of Biology ( microfauna ) and Physics and Chemistry ( dry residue, ratings , ... ) .
And as always , we finished the day picking up trash along the bank of the river , and there was still a lot!

You can see all the photos by clicking HERE









No hay comentarios:

Publicar un comentario