jueves, 30 de marzo de 2017

CHARLAS VARIAS

Coa axuda do equipo directivo e sobre todo de Gloria Fernández e de María Ansede, e en colaboración co resto de plans Proxecta nos que está involucrado o centro, tiveron lugar varias charlas relacionadas cos Ríos da nosa contorna.
En primeiro lugar visitáronnos dous axentes medioambientais da Xunta de Galicia que lles falaron aos rapaces sobre a flora e fauna da nosa Reserva da Biosfera así como de conceptos ecolóxicos fundamentais para a súa conservación.
En segundo termo dúas compañeiras do CEIDA déronlles os rapaces unha clase interactiva sobre especies invasoras nos nosos ríos e costas.

Moitas grazas a todos!!!!!!!



miércoles, 1 de marzo de 2017

MONTAXE DUN ACUARIO

Nunha nova andaina decidimos montar un microecosistema no Instituto. Adquirimos un acuario de 100L e nel temos a intención de montar un biotopo con materiais extraídos do río Lamas e a biocenose serán unhas carpas que, aínda que son especies invasoras, serán o suficientemente resistentes para sobrevivir mentrés dure a actividade.
A idea é que os propios alumnos de 1º e 4º se encarguen do coidado do acuario (limpeza e alimentación). Veremos se o consiguen!!!!!