domingo, 21 de abril de 2013

A nosa andaina e o Río Lamas

Foi polo mes de novembro cando se fixo esta primeira toma de contacto co Río Lamas.
A andaina foi durante todo o día e o percorrido non era de moita dificultade, sobre todo porque do que se trataba era de empezar a coñecer o entorno un pouco mais polo miúdo.
Como primeira toma de contacto non estivo nada mal.
Aquí tedes unhas cantas fotos desa andaina.O resto podedes velas no Facebook do Instituto.






Estamos de estrea!

Ola a tod@s! Pois aquí estamos estreando novo bolgue.
Comezamos con entusiasmo un novo proxecto. Desta vez,dentro do Plan Proxecta enrolámonos co Proxecto Ríos porque nos parecía importante a concienciación e a participación activa na defensa dos nosos ríos.
Despois de moito pensar decidimos adoptar o Río Lamas,por ser un dos ríos representativos que pasan polo Concello de A Fonsagrada.
Imos facer unha actuación en dito río nun tramo duns 500mts de percorrido.
Como actividade inicial ,alá polo mes de novembro, fixemos unha andaina na que nun dos seus tramos pasabamos polo noso río.
Pero iso será tema da seguinte entrada.
Benvidos todos e todas!