jueves, 23 de mayo de 2013

Repercusión na prensa da actuación no río Lamas

Hoxe o diario EL Progreso de Lugo adícanos un anaquiño na sua sección de Montaña, facéndose eco da actuación que tivemos o mércores 15 no río Lamas. Estamos moi contentos de que a nosa saída teña repercusión mediática. Esperemos que sirva de concienciación e para que non quede nun feito aillado e que se convirta en cotiá.

miércoles, 15 de mayo de 2013

A intervención no río Lamas

Finalmente a chuvia respetounos e puidemos facer a actividade prevista no río Lamas. Pola mañá, e por grupos, houbo diferentes actividades.
Uns dedicáronse á pesca,outros a facer o perfil do río, mentres que outro grupo se dedicaba a facer muestreo no río.
Tampouco se nos olvidou comprobar a calidade da auga ou facer o perfil do tramo de río no que nos atopabamos.
Pola tarde,xa todos xuntos e despois dun gran xantar, fixemos recollida de lixo e a pesar de non estar demasiado contaminado si que atopamos moito lixo: sillas de praia,un eixe dunha máquina,restos oxidados de un bidón e moreas de roupa.
A seguinte actividade vai a ser a de colocar as casas para os morcwgos que fixeron en Tecnoloxía os de 2º da ESO. Hoxe estiveron buscando localizacións.
Podedes ver todas as fotos deste marabilloso día facendo click AQUI.



martes, 14 de mayo de 2013

Intervención no Río Lamas

Mañá 15 de maio, e se o tempo o permite,porque as previsións son de bastante chuvia, faremos a segunda incursión no noso río Lamas.
Esta vez os alumnos de 4º faran unha intervención medioambiental,mentras que os de 3º se dedicarán á iniciarse na pesca e os de 2º axudarán ós seus compañeiros de 4º e buscarán lugares axeitados para as colocar as casetas para morcegos que fixeron na clase de tecnolixía.
Esperemos que o tempo nos respete e podamos levar a cabo a saída.

viernes, 10 de mayo de 2013

Rafting no Ulla

Está claro que os ríos están presentes nas nosas actividades no centro. E non só o noso río Lamas. Imos incluso mais aló dos límites da provincia de Lugo.
Hai unhas semanas achegámonos ata o río Ulla para facer rafting nun dos seus tramos cercanos a Padrón. Ainda que a viaxe dende A Fonsagrada durou 3 hrs mereceu moito a pena, tanto polo que desfrutamos do descenso como polo que aprendemos sobre os ríos, os seus cauces, as correntes e demais peculiaridades que descubrimos durante o noso descenso.
Xa estamos desexando que chegue o próximo curso para ver se podemos repetir a experiencia.







miércoles, 8 de mayo de 2013

El rio de la vida

Hoxe mércores pola tarde puidemos ver en V.O. subtitulada a película El río de la vida. Todos os alumnos e alumnas quedaron encantados e moi enganchados á historia de vida que nela se conta.
E que os paralelismos de paisaxe entre Montana (onde está ambientada a película) e A Fonsagrada son moitos a pesar dos quilometros que as separan.




martes, 7 de mayo de 2013

El río de la vida

O mércores 8 de maio os nosos alumnos e alumnas van poder disfrutar dun cineforum coa película El río de la vida, dirixida por Robert Reford e gañadora dun Oscar á mellor fotografía en 1993.
Veremos se lles gusta tanto coma ós académicos e que ensinanzas sacan dela.