miércoles, 15 de mayo de 2013

A intervención no río Lamas

Finalmente a chuvia respetounos e puidemos facer a actividade prevista no río Lamas. Pola mañá, e por grupos, houbo diferentes actividades.
Uns dedicáronse á pesca,outros a facer o perfil do río, mentres que outro grupo se dedicaba a facer muestreo no río.
Tampouco se nos olvidou comprobar a calidade da auga ou facer o perfil do tramo de río no que nos atopabamos.
Pola tarde,xa todos xuntos e despois dun gran xantar, fixemos recollida de lixo e a pesar de non estar demasiado contaminado si que atopamos moito lixo: sillas de praia,un eixe dunha máquina,restos oxidados de un bidón e moreas de roupa.
A seguinte actividade vai a ser a de colocar as casas para os morcwgos que fixeron en Tecnoloxía os de 2º da ESO. Hoxe estiveron buscando localizacións.
Podedes ver todas as fotos deste marabilloso día facendo click AQUI.



No hay comentarios:

Publicar un comentario