martes, 12 de noviembre de 2013

Desaparicións misteriosas no río Lamas / Mysterious disappearances in the river Lamas

No río Lamas atopámonos con un fenómeno ben raro...Aparicións e desaparicións de alumnos e profesores. É un caso ben curioso!!
In the River Lamas we found a rare phenomenon  ... appearances and disappearances of students and teachers. It is an extremely strange case!


jueves, 31 de octubre de 2013

Primeira intervención do curso 2013-2014 / First intervention of the year 2013-2014

O mércores 30 de outubro fixemos a primeira intervención do curso no río Lamas. Voltamos á zona do río que tiñamos apadriñada e colocamos as caixas niño que se fixeron no curso pasado. Tamén se volveu a facer muestreo de invertebrados así como a medición da calidade da auga do río,caudal e anchura.Tamén se fixo recollida de lixo.
Engadimos unha nova actividade, a de land art, que resultou todo un éxito.
Se queredes ver todas as fotos facede click AQUI

On Wednesday 30th October, we did the first intervention of the year on the river Lamas. We went back to the river area that we are looking after, and we put the nest boxes that we made last year.
We also collected invertebrate samplings again and measured the quality and volume of water and the width of the river, as well. We collected rubbish too.
We added a new activity, land art, which was a success.
To see all the photos, click HERE


Colocación das caixas niño

Muestreo de invertebrados

Medición da anchura do río

Invertebrados atopados no muestreo

Recollida de lixo

Land art

Estamos de volta! / We're back!

Xa comezamos o curso 2013-2014 e despois de recargar pilas durante o verán, estamos de volta e con mais forzas que nunca para seguir actuando no noso río Lamas.
Xa temos todo preparado para a primeira saída deste curso.

We have already started the year 2013-2014 and after recharging batteries during the summer, we are back and stronger than ever to continue acting in our river Lamas. 
We have everything ready for the first outing of this year.

O noso río Lamas/ Our River Lamas

jueves, 4 de julio de 2013

MAPAS E FOTOS



Na materia de Ciencias Sociais de 3º de ESO, realizamos mapas multimedia empregando a ferramenta de google maps e xeolocalizando fotos. 
Para isto, aproveitamos una das andainas que realizamos ao longo do río Lamas. Alí fixéronse fotos e tomamos nota das coordenadas xeográficas con axuda da aplicación para móbiles GPS Status & Toolbox 
 En cada un dos puntos de control, paramos e facíamos as fotos e tomábamos nota das coordenadas.
De volta ao aula, localizamos na ferramenta Google Maps eses lugares con axuda das coordenadas. Finalmente enlazamos as fotos feitas nese lugar.


O enlace ao traballo é o seguinte:



 

 

 

Taller de caixas niño para morcegos





jueves, 27 de junio de 2013

Traballos sobre a hidrosfera

Os alumnos e alumnas de 1º da E.S.O. fixeron un traballo sobre a hidrosfera na clase de Ciencias Naturais. Unha parte dese traballo era tamén falar da contaminación dos rios. Os traballos tiveron moito nivel e estiveron moi ben formulados. Aqui podedes ver un par de fotos dunha das exposicións.




martes, 11 de junio de 2013

Aprendendo a pescar

Dias antes de ir a facer a actuación no río Lamas, os alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. recibiron unha clase de coñecementos básicos sobre a pesca, impartida porlo seu profesor de Educación Física.
Aprenderon a manexar unha cana, os tipos de anzós e que era eso da pesca sen morte.
Dias despois puideron poñer en práctica todos estes coñecementos teóricos, que ñoitos emoitas xa tiñan, no noso río Lamas.





jueves, 23 de mayo de 2013

Repercusión na prensa da actuación no río Lamas

Hoxe o diario EL Progreso de Lugo adícanos un anaquiño na sua sección de Montaña, facéndose eco da actuación que tivemos o mércores 15 no río Lamas. Estamos moi contentos de que a nosa saída teña repercusión mediática. Esperemos que sirva de concienciación e para que non quede nun feito aillado e que se convirta en cotiá.

miércoles, 15 de mayo de 2013

A intervención no río Lamas

Finalmente a chuvia respetounos e puidemos facer a actividade prevista no río Lamas. Pola mañá, e por grupos, houbo diferentes actividades.
Uns dedicáronse á pesca,outros a facer o perfil do río, mentres que outro grupo se dedicaba a facer muestreo no río.
Tampouco se nos olvidou comprobar a calidade da auga ou facer o perfil do tramo de río no que nos atopabamos.
Pola tarde,xa todos xuntos e despois dun gran xantar, fixemos recollida de lixo e a pesar de non estar demasiado contaminado si que atopamos moito lixo: sillas de praia,un eixe dunha máquina,restos oxidados de un bidón e moreas de roupa.
A seguinte actividade vai a ser a de colocar as casas para os morcwgos que fixeron en Tecnoloxía os de 2º da ESO. Hoxe estiveron buscando localizacións.
Podedes ver todas as fotos deste marabilloso día facendo click AQUI.



martes, 14 de mayo de 2013

Intervención no Río Lamas

Mañá 15 de maio, e se o tempo o permite,porque as previsións son de bastante chuvia, faremos a segunda incursión no noso río Lamas.
Esta vez os alumnos de 4º faran unha intervención medioambiental,mentras que os de 3º se dedicarán á iniciarse na pesca e os de 2º axudarán ós seus compañeiros de 4º e buscarán lugares axeitados para as colocar as casetas para morcegos que fixeron na clase de tecnolixía.
Esperemos que o tempo nos respete e podamos levar a cabo a saída.

viernes, 10 de mayo de 2013

Rafting no Ulla

Está claro que os ríos están presentes nas nosas actividades no centro. E non só o noso río Lamas. Imos incluso mais aló dos límites da provincia de Lugo.
Hai unhas semanas achegámonos ata o río Ulla para facer rafting nun dos seus tramos cercanos a Padrón. Ainda que a viaxe dende A Fonsagrada durou 3 hrs mereceu moito a pena, tanto polo que desfrutamos do descenso como polo que aprendemos sobre os ríos, os seus cauces, as correntes e demais peculiaridades que descubrimos durante o noso descenso.
Xa estamos desexando que chegue o próximo curso para ver se podemos repetir a experiencia.







miércoles, 8 de mayo de 2013

El rio de la vida

Hoxe mércores pola tarde puidemos ver en V.O. subtitulada a película El río de la vida. Todos os alumnos e alumnas quedaron encantados e moi enganchados á historia de vida que nela se conta.
E que os paralelismos de paisaxe entre Montana (onde está ambientada a película) e A Fonsagrada son moitos a pesar dos quilometros que as separan.




martes, 7 de mayo de 2013

El río de la vida

O mércores 8 de maio os nosos alumnos e alumnas van poder disfrutar dun cineforum coa película El río de la vida, dirixida por Robert Reford e gañadora dun Oscar á mellor fotografía en 1993.
Veremos se lles gusta tanto coma ós académicos e que ensinanzas sacan dela.


domingo, 21 de abril de 2013

A nosa andaina e o Río Lamas

Foi polo mes de novembro cando se fixo esta primeira toma de contacto co Río Lamas.
A andaina foi durante todo o día e o percorrido non era de moita dificultade, sobre todo porque do que se trataba era de empezar a coñecer o entorno un pouco mais polo miúdo.
Como primeira toma de contacto non estivo nada mal.
Aquí tedes unhas cantas fotos desa andaina.O resto podedes velas no Facebook do Instituto.






Estamos de estrea!

Ola a tod@s! Pois aquí estamos estreando novo bolgue.
Comezamos con entusiasmo un novo proxecto. Desta vez,dentro do Plan Proxecta enrolámonos co Proxecto Ríos porque nos parecía importante a concienciación e a participación activa na defensa dos nosos ríos.
Despois de moito pensar decidimos adoptar o Río Lamas,por ser un dos ríos representativos que pasan polo Concello de A Fonsagrada.
Imos facer unha actuación en dito río nun tramo duns 500mts de percorrido.
Como actividade inicial ,alá polo mes de novembro, fixemos unha andaina na que nun dos seus tramos pasabamos polo noso río.
Pero iso será tema da seguinte entrada.
Benvidos todos e todas!