miércoles, 14 de junio de 2017

PINTURAS E MONOTIPOS

A profe Pilar Tabarés planeou e realizou unha serie de actividades plásticas cos rapaces do IES.

Os de primeiro empregaron os paús e pedras recollidas no Lamas para facer con pintura distintas composicións.

Os de terceiro fixeron uns preciosos monotipos.





















OS RAPACES DE 1º DA ESO REALIZAN UN HERBARIO

Os profesoras Gloria Fernández, María Traveso e David Cora aproveitamos as mostras vexetais recollidas na segunda saída ao Lamas para que a rapazada de 1º da ESO fixese unha actividade de recoñecemento práctico das especies mediante Internet e guías de campo, para posteriormente preparar un "megaherbario" onde todo o alumnado se poida enriquecer destes coñecementos.


QUEDOU PRECIOSO!!!!!!











jueves, 1 de junio de 2017

CRIANDO CÁGADOS

Deuse a casualidade de que atopamos na visita ao Lamas unhos ovos de sapo, así que investigando un pouco e botándolle unha dose de valor decidimos crialos no Insti.

A ver si logramos obter unha descendencia de 26 "Bufo bufo".

martes, 16 de mayo de 2017

VISITA AO LAMAS II

Aproveitando a chegada do bo tempo (aínda que no día X non nos acompañase) planificouse unha segunda visita ao río Lamas para levar a cabo outra serie de actividades.
O día sinalado os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º acompañados dos profesores Sergio Piñeiro, María Traveso, Manuel García e David Cora realizaron as seguintes actividades:

- Medición de parámetros físicos, químicos e físico-químicos coa fin de comparalos cos recollidos na primeira visita.
- Realización dan muestreo e recollida de invertebrados mediante a técnica do transepto.
- Recollida de mostras vexetais frescas para a realización dan herbario.
- Recollida de ramaxe e rochas para traballar no centro coa profesora Pilar Tabares.
- Recoñecemento "in situ" de diferentes especies animais e vexetais características do río.
- Recollida selectiva de lixos.

Todo elo se acadou de xeito satisfatorio.

jueves, 30 de marzo de 2017

CHARLAS VARIAS

Coa axuda do equipo directivo e sobre todo de Gloria Fernández e de María Ansede, e en colaboración co resto de plans Proxecta nos que está involucrado o centro, tiveron lugar varias charlas relacionadas cos Ríos da nosa contorna.
En primeiro lugar visitáronnos dous axentes medioambientais da Xunta de Galicia que lles falaron aos rapaces sobre a flora e fauna da nosa Reserva da Biosfera así como de conceptos ecolóxicos fundamentais para a súa conservación.
En segundo termo dúas compañeiras do CEIDA déronlles os rapaces unha clase interactiva sobre especies invasoras nos nosos ríos e costas.

Moitas grazas a todos!!!!!!!



miércoles, 1 de marzo de 2017

MONTAXE DUN ACUARIO

Nunha nova andaina decidimos montar un microecosistema no Instituto. Adquirimos un acuario de 100L e nel temos a intención de montar un biotopo con materiais extraídos do río Lamas e a biocenose serán unhas carpas que, aínda que son especies invasoras, serán o suficientemente resistentes para sobrevivir mentrés dure a actividade.
A idea é que os propios alumnos de 1º e 4º se encarguen do coidado do acuario (limpeza e alimentación). Veremos se o consiguen!!!!!




jueves, 19 de enero de 2017

OS COGOMELOS DA NOSA CONTORNA

Dentro dun proceso interdisciplinar englobado no marco de dous Plans Proxecta, os profes María Traveso, Gloría Fernández e David Cora levamos a cabo unha serie de activididades coa fin de achegar aos rapaces ó mundo dos cogumelos.
Para elo Gloria e María recrearon no centro un ecosistema micolóxico con fungos da contorna do noso concello, planificouse unha degustación de pizzas que os contiñan como ingredientes e David Cora deu unha pequena charla sobre eles á que asistiron ademáis dos alumnos do centro, os rapaces de 5º e 6º de primaria do Colexio da localidade.

Ecosistema micolóxico





Charla cogumelos