domingo, 21 de abril de 2013

Estamos de estrea!

Ola a tod@s! Pois aquí estamos estreando novo bolgue.
Comezamos con entusiasmo un novo proxecto. Desta vez,dentro do Plan Proxecta enrolámonos co Proxecto Ríos porque nos parecía importante a concienciación e a participación activa na defensa dos nosos ríos.
Despois de moito pensar decidimos adoptar o Río Lamas,por ser un dos ríos representativos que pasan polo Concello de A Fonsagrada.
Imos facer unha actuación en dito río nun tramo duns 500mts de percorrido.
Como actividade inicial ,alá polo mes de novembro, fixemos unha andaina na que nun dos seus tramos pasabamos polo noso río.
Pero iso será tema da seguinte entrada.
Benvidos todos e todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario