jueves, 30 de marzo de 2017

CHARLAS VARIAS

Coa axuda do equipo directivo e sobre todo de Gloria Fernández e de María Ansede, e en colaboración co resto de plans Proxecta nos que está involucrado o centro, tiveron lugar varias charlas relacionadas cos Ríos da nosa contorna.
En primeiro lugar visitáronnos dous axentes medioambientais da Xunta de Galicia que lles falaron aos rapaces sobre a flora e fauna da nosa Reserva da Biosfera así como de conceptos ecolóxicos fundamentais para a súa conservación.
En segundo termo dúas compañeiras do CEIDA déronlles os rapaces unha clase interactiva sobre especies invasoras nos nosos ríos e costas.

Moitas grazas a todos!!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario